17 DE MAIO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS . HOMENAJE A CARLOS CASARES


DIA LETRAS GALLEGAS

17 DE MAIO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS . HOMENAJE A CARLOS CASARES

 

Amemos

o tempo que turra de nós e que nos leva.

Inda que o ceo está azul e non hai nubes e non chove,

sempre é cedo

pra o froito que agardamos e non chega.

 

Amemos á rosa porque é breve

e ao tempo porque fuxe e non se para,

inda que á veira das horas, nas esquiñas,

morran as verdades contra o vento

i a noite seña un recendo podrecido

das frores que chantamos pra salvarnos.

 

Amemos

as bocas que mancan ao bicalas,

aos pianos que medran e non tocan

e ás tardes fermosas que se acaban.

 

Amemos

inda que a espranza turre cara abaixo

a vencellarnos sempre contra nuncas

de campos sen aire e corazóns parados.